O 26 de xaneiro, Asemblea da EDAP para orar e avaliar o camiño percorrido

A Escola Diocesana de Axentes de Pastoral (EDAP) celebrará o próximo día 26 de xaneiro, na Casa Diocesana de Exercicios de Santiago, unha asemblea para “orar xuntos polos froitos da Escola, avaliar o camiño percorrido e expor novas propostas de mellora”. Así se desprende do texto dunha carta que o bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández, remitiu a todos os coordinadores, predicadores e animadores da EDAP.

Nela indícase que “co fin de centrar a valoración do traballo feito, enviámosvos unha ficha para que a cubrades como equipo e a enviedes antes do día 23 deste mesmo mes ao director D. Germán Torres .

“Somos moitos”, indica o bispo auxiliar,  “os que cada día pedimos ao Señor polos froitos do Sínodo. E somos moitos tamén os que nos alegramos ao percibir a súa axuda constante nesta actividade formativa que tanta esperanza vén espertando na nosa Igrexa particular de Santiago”.

O encontro terá lugar na Casa Diocesana de Exercicios o día 26 de xaneiro, a partir das 18:00 horas. Están convidados a participar os coordinadores, predicadores e animadores da Escola.

Versión en castelán