A Acción Católica Xeral presenta a súa III Asemblea Xeral a celebrar en Santiago

Do 3 ao 6 de agosto de 2017 celebrarase o Encontro de Laicos de Parroquias-III Asemblea Xeral co lema “Saír, camiñar e sementar sempre de novo” (EG21). Este Encontro terá lugar en Santiago de Compostela.

Tras 8 anos de andaina do Proxecto de Acción Católica Xeral, quixemos recoller a invitación que fai o Papa Francisco na Exhortación “Evangelii Gaudium”, a todos os bautizados, a ser Igrexa en saída; en concreto, queremos reflexionar como axudar a construír parroquias con actitude de saída e que papel poden xogar os laicos nesta encomenda.

Aspiramos a que sexa un espazo aberto de profundización e comuñón que nos transcenda, onde camiñar con outros laicos de parroquias xuntos. Pretendemos redescubrir a nosa vocación ao seguimento radical de Cristo para saír á “misión, que non é unha tarefa entre tantas na Acción Católica, senón que é a tarefa”, e desexamos asumir “a totalidade da misión da Igrexa en xenerosa pertenza á Igrexa diocesana desde a Parroquia” (Papa Francisco ao II Congreso Internacional de A.C. 27/04/17).

Datos da Asemblea

  • Cando: Do xoves 3 de agosto ao domingo 6 de agosto deste ano 2017.
  • Lugar: Santiago de Compostela.
  • Lema: “Saír, camiñar e sementar sempre de novo” (Evangelii Gaudium, 21).“Saír, camiñar e sementar”, son actitudes que todo cristián debe retomar, revitalizar e activar na súa vida de fe.
  • Asistentes: Están convocados todos os laicos de parroquia que queiran camiñar xuntos; os representantes diocesanos da Acción Católica Xeral, dos seus tres sectores: Infancia, Mocidade e Adultos. Temos unha estimación de 1.000 adultos, 150 nenos e 200 mozos.

A apertura da Asemblea estará presidida por Mons. Julián Barrio Barrio, arcebispo de Santiago de Compostela. Ademais contaremos coa presenza doutros bispos da Conferencia Episcopal Española, autoridades civís, representantes de entidades relixiosas e da Acción Católica do mundo.

Datos do Camiño de Santiago

  • Cando: Do 27 de xullo ao 2 de agosto deste ano 2017.
  • Lema: “Saír, camiñar e sementar sempre de novo” (Evangelii Gaudium, 21)
  • Percorrido: Tui-Santiago de Compostela, 6 etapas.
  • Itinerario espiritual: o Camiño de Emaús (Lucas 24, 13-35)

Obxectivos da Asemblea e Camiño de Santiago:

  • Ofrecer un servizo a toda a Igrexa para propiciar un espazo de reflexión compartida sobre a situación do laicado habitual das nosas parroquias.
  • Analizar, entre todos, as nosas estruturas parroquiais para situarnos cada vez máis en clave evanxelizadora.
  • Axudar a poñer a dimensión vocacional no centro da vida do laico.
  • Xerar un espazo celebrativo-festivo que motive a traballar en rede, en comuñón.
  • Visibilizar de maneira experiencial o Proxecto de Acción Católica Xeral.
  • Expresar a eclesialidade da Acción Católica Xeral.

Dossier Asemblea Xeral

 

Versión en castelán