Actos oficiais no XXV Aniversario da Ordenación Episcopal de monseñor Julián Barrio

Os actos oficiais cos que a Igrexa Diocesana de Santiago de Compostela celebrará o XXV Aniversario da Ordenación Episcopal do seu arcebispo, monseñor Julián Barrio, serán o próximo día 7 de febreiro e consistirán en:

  1. 12:00 horas: Misa de Acción de Grazas na Catedral de Santiago

  2. 13:30 horas: Acto Académico-Festivo no Auditorio de Abanca, na Rúa Preguntoiro, 23

Versión en castelán