Arcebispado de Santiago de Compostela asina un convenio con Sabadell Gallego

Sabadell Gallego asinou un convenio de colaboración co Arcebispado de Santiago de Compostela que foi subscrito polo Ecónomo do Arcebispado de Santiago de Compostela, Fernando Barros, e por Pablo Junceda, director xeral de Sabadell Gallego.

O obxectivo do convenio é establecer un marco de colaboración que permita dar resposta ás necesidades de produtos e servizos do ámbito bancario en favor das parroquias, centros escolares, empresas, organismos, fundacións, sacerdotes e empregados de todas estas vinculadas ao Arcebispado de Santiago de Compostela.

Sabadell Gallego poñerá tamén ao dispor do Arcebispado a súa participación no Proxecto Ético e Solidario, unha iniciativa de Banco Sabadell co que a entidade bancaria presta axuda económica a proxectos solidarios.

Versión en castelán