Arcebispado e Concello de Boiro subscriben un protocolo para varias actuacións na parroquia de Abanqueiro

  • A iniciativa prevé a cesión onerosa de leiras para usos deportivos ou a rehabilitación da Casa Reitoral

O Arcebispado de Santiago e o Concello de Boiro subscribiron hoxe un protocolo de colaboración polo que se comprometen a estudar a realización de varias actuacións na parroquia de Abanqueiro, entre elas a cesión de leiras para usos deportivos ou a rehabilitación da Casa Reitoral. Asinaron o protocolo o ecónomo do Arcebispado, Fernando Barros Fornos, e o alcalde Boiro, Juan José Dieste Ortigueira. O acto tivo lugar nas dependencias do Concello de Boiro. No protocolo indícase que o Arcebispado poderá ceder a título oneroso a propiedade de varias parcelas “para que sexan destinadas á construción de instalacións deportivas e áreas de recreo públicas en beneficio dos veciños de Boiro, e en especial, dos da parroquia de Abanqueiro”, respectando nunha delas a localización actual dun cruceiro de pedra.

No protocolo prevese, tamén, que se se acorda entre as partes a rehabilitación da Casa Reitoral para uso socio-cultural, haberán de quedar “sempre unhas dependencias para uso e goce do párroco de Abanqueiro no exercicio das súas funcións pastorais”.

Foto:  boiroturismo.gal

Versión en castelán