O arcebispo insta á Acción Católica a que o Evanxeo sexa o centro de todo

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidiu na tarde deste venres a Eucaristía da segunda xornada de traballo da asemblea que celebra estes días na cidade do Apóstolo a Acción Católica Xeral. Na súa homilía, monseñor Barrio dixo que “confiar máis nos valores humanos que nos medios divinos é radicalmente antievanxélico. Boa clave esta para interpretar este encontro nacional da Acción Católica”. Ademais, o arcebispo indicou que “vén hoxe á nosa memoria a peregrinación daqueles mozos que chegaban a Santiago en agosto de 1948, guiados polo Servo de Deus, Manuel Aparici. Home dócil á acción do Espírito, que deu un valor sagrado á súa existencia e se confiou ás mans amorosas da Providencia, superando o desánimo ou o pesimismo. Segue sendo unha referencia sen ambigüidade na animación laical para a misión da Igrexa”.

Foto: @ACGevangelizar

Versión en castelán