O arcebispo presidirá mañá na Catedral a Eucaristía que poñerá fin ao Sínodo Diocesano

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, asinará mañá sábado día 29 de abril os documentos nos que se recollen as conclusións dos traballos do Sínodo Diocesano. Será no transcurso da Eucaristía que o titular da Arquidiocese compostelá presidirá a partir das 12:00 horas na Catedral.

 

Versión en castelán