Cada céntimo que se dá a Mans Unidas chega á poboación que o necesita

Martha Noya pronunciará mañá mércores unha conferencia baixo o título “A muller no século XXI”. Será no salón Afundación de Compostela, na rúa do Vilar 19, a partir das 19:30h.

O activista prol dereitos humanos boliviana Martha Noya, está de visita en Santiago para colaborar na nova campaña de Mans Unidas contra a fame e as súas causas nos países empobrecidos e que este ano leva por título “Cremos na igualdade e na dignidade das persoas”. Martha Noya é Presidente da ONG Centro Juana Azurduy, coa que Mans Unidas colabora desde o ano 2003, sobre todo en programas de prevención e atención a mulleres vítimas de violencia machista. Unha situación especialmente dramática na cidade de Sucre, sede da ONG que preside Martha Noya. Segundo o seu último estudo, a violencia contra a muller incrementouse ata tal punto que nove de cada dez viviron algún episodio de violencia intrafamiliar no último ano. E o 30% sufriron todas as violencias posibles.

Martha Noya ten esta semana unha apertada axenda con intervencións en máis de dez colexios, facultades da Universidade de Santiago e parroquias. Nelas está a constatar que os mozos se resisten a aceptar que viven nun torno violento. Na súa opinión, o grao de violencia contra a muller é o mesmo que podía haber fai 50 anos. Só cambiaron os métodos para exercela. Neste sentido citou un recente estudo sobre como conciben os adolescentes a relación sentimental. Del dedúcese que a opresión e o control sobre a muller exércense agora a través das redes sociais e o teléfono móbil.

Noya considera urxente “emprender unha gran cruzada mundial contra esta secuela, porque a violencia padécena as mulleres en todo o planeta”. Tamén pediu aos estados que se impliquen máis activamente no obxectivo de erradicar a violencia machista aprobando leis que garantan a protección da muller e optimizando os servizos sociais. Outro camiño imprescindible é o da concienciación social. Neste sentido asegurou que capacitaron a moitas mulleres para romper a espiral de violencia na que viviran durante anos. Recoñeceu que o traballo con homes maltratadores ofrece resultados moito máis modestos.

A activista boliviana denunciou tamén o sensacionalismo dos MCM, que publican os detalles máis escabrosos dun acto de violencia contra a muller co único obxectivo de gañar audiencia. Na súa opinión, iso acaba por facer que a poboación “non se sensibilice xa ante nada”. Así mesmo censurou o uso sexista da muller na publicidade, que leva a cosificar á muller e outorgarlle tan só un rol doméstico e de subordinación ante o home.

Versión en castelán