Cáritas aproba as contas de 2018 e o orzamento para este ano

  • Presidiu a reunión o arcebispo de Santiago

O Consello de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela presidio polo arcebispo, monseñor Julián Barrio, aprobou as contas de resultados do ano 2018 e o orzamento para o exercicio actual. Durante a súa intervención monseñor Barrio lembrou que “Cáritas é o instrumento pastoral para promover o espírito e a práctica da caridade na Igrexa diocesana”

O arcebispo agradeceu o traballo que realizan os voluntarios e os traballadores en Cáritas para axudar as persoas máis necesitadas. Noutro momento da súa intervención sinalou que o obxectivo fundamental da institución é “converter a vida de caridade en feito comunitario, nun modelo de vivir e expresar á comunidade o seu compromiso de amor fraterno nas súas múltiples maneiras de manifestarse”.

Datos económicos

As contas de 2018 presentan un resultado negativo de 213.996 euros que foi xustificado ante o Consello cos informes técnicos correspondentes. O orzamento para 2019 quedou fixado cunha nivelación entre os ingresos e os gastos.

Por Áreas de Intervención os Gastos xerados en 2018 destacan os investimentos económicos realizados en Atención Primaria (2.55.625 euros); Maiores (1.287.494 euros), e Formación e Emprego (681.469 euros). Os gastos de persoal incrementáronse un10% debido á actualización salarial.

En canto aos ingresos reflectir a diminución das Colectas nun 19%, e as achegas dos socios e doantes que baixaron un 10%

O orzamento aprobado para 2019 ascende a 6.571.006 nel os gastos redúcense un 4% respecto ao exercicio anterior. A previsión para os Ingresos totais neste exercicio é que se manterán en termos moi parecidos aos do último ano, polo cal a recuperación se estima que virá polo lado do control do gasto.

Versión en castelán