Cáritas Diocesana

LOGO-caritasCáritas diocesana é o organismo oficial da Igrexa na diocese de Santiago de Compostela para servir á acción caritativa e social, promovendo, coordinando e instrumentando a Comunicación Cristiá de Bens entre as comunidades eclesiais en todas as súas formas, axudando á promoción humana e ao desenvolvemento integral das persoas, grupos e comunidades, colaborando naquelas accións que teñan este fin. Na súa condición de organismo da diocese ha de estar integrado na estrutura e na acción pastoral da mesma.

Cáritas diocesana foi erixida por Decreto do Cardeal Arcebispo de Santiago de Compostela o 6 de Novembro de 1965 e está inscrita co número 341/SE/C, no Rexistro de Entidades Relixiosas da Dirección Xeral de Asuntos Relixiosos do Ministerio de Xustiza. Así mesmo poderá rexistrarse en calquera outra das administracións, autonómica, local, etc., cando sexa necesario, para o desenvolvemento das súas actividades.

Cáritas diocesana “como ente autónomo” ten personalidade xurídica propia, tanto eclesiástica como civil, actúa con libre iniciativa e responsabilidade propia e goza de autonomía plena na administración e disposición dos seus bens e recursos -que constitúen un patrimonio separado e distinto do patrimonio da diocese e das outras persoas xurídicas públicas eclesiásticas-, dentro das marxes sinaladas na lexislación canónica e nestes Estatutos.

Cáritas diocesana representa a todas as Cáritas parroquiais, interparroquiais e de zonas pastorais, ante calquera organismo ou entidade por carecer estas de personalidade xurídica propia. Tamén representará ás asociacións e institucións de acción caritativa asociadas a Cáritas.

Cáritas diocesana de Santiago de Compostela é membro da Confederación de Cáritas Española. Se chegase a constituírse Cáritas interdiocesana da Provincia Eclesiástica de Santiago de Compostela, Cáritas diocesana poderá integrarse na mesma.

C/ Carrera del Conde 14
15706 Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfonos: 981 55 44 33 – 981 58 15 42
Fax: 981 57 20 05
Páxina web: http://www.caritas-santiago.org/