Cáritas presentará o seu VIII Informe FOESSA sobre exclusión e desenvolvemento social en Galicia o 26 de setembro na Casa Diocesana de Exercicios

Os membros do Consello Diocesano de Cáritas están convidados á presentación do  VIII INFORME FOESSA sobre Exclusión e Desenvolvemento Social en Galicia, que terá lugar o xoves, día 26 de setembro, na Casa Diocesana de Exercicios, a partir das 10:00 horas. O programa do acto de presentación deste informe é o seguinte:

Programa:

10:00:

Conferencias: A sociedade desordenada e insegura.

Riscos globais aos que nos enfrontamos.

Relatores:

– Dª Raquel Martínez Buján

– D. Antonio Izquierdo Escribano

Profesores da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña.

 

11:15:

Descanso-café

Presentación á Prensa do informe

 

12:00:

Presentación oficial do “VIII Informe FOESSA, sobre a  exclusión e desenvolvemento social de Galicia”, a cargo de D. Guillermo Fernández Maíllo, coordinador do Informe FOESSA

 

Versión en castelán