Carta de mons. Julián Barrio en comuñión co Papa

O arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, publica unha carta pastoral en comuñón coa publicada polo Papa Francisco o pasado 20 de agosto dirixida ao Pobo de Deus en relación co sufrimento vivido polas menores vítimas de abusos sexuais. Na súa carta, mons. Barrio anima en primeiro lugar a ler a do papa “con humildade e realismo” para así “recoñecer e condenar con dor e vergoña as atrocidades cometidas por persoas consagradas, clérigos…” O arcebispo de Santiago comina a todos a actuar con solidariedade coas vítimas, unha actitude que “nos esixe denunciar todo aquilo que poña en perigo a integridade de calquera persoa, nenos ou adultos mantendo sempre unha tolerancia cero respecto diso”.

Carta de mons. Julián Barrio en comuñón co Papa

Carta do Papa Francisco

Versión en castelán