Carta pastoral de mons. Barrio para o Día da Igrexa Diocesana 2019

Responsables no presente. Confiados no futuro

 Queridos diocesanos:

A celebración do día da Igrexa diocesana, o día 10 de novembro, lémbranos que “a diocese é unha parte do pobo de Deus que se confía a un bispo para que a apaciente coa colaboración do seu presbiterio. Así, unida ao seu pastor, que a reúne no Espírito Santo por medio do Evanxeo e a Eucaristía, constitúe unha Igrexa particular”.

Tamén nesta ocasión chámasenos a implicarnos co noso compromiso pastoral e económico na realidade diocesana. Non debemos estar ausentes se de verdade queremos afirmar o presente da nosa Igrexa diocesana con responsabilidade e garantir o futuro da mesma con confianza. É moito o que necesita e non é pouco o que está a achegar nos diferentes aspectos da nosa convivencia. Sigo pensando desde a experiencia concreta que a Diocese debe verse e sentirse como unha gran familia na que ninguén sobra e todos somos necesarios, vivindo como comunidade de fe, esperanza e caridade.

Ninguén pode estar ausente nin ter a sensación de sentirse marxinado. A nosa Igrexa diocesana ten sempre as portas abertas para quen queira formar parte dela. Escribe o papa Francisco: “se a Iglesia asume este dinamismo, debe chegar a todos, sen excepcións”, sabendo que “os pobres son os destinatarios privilexiados do Evanxeo”.

Alégrame dirixirme a todos os diocesanos para lembrarvos que “Sen ti non hai presente. Contigo hai futuro”, como subliña o lema desta xornada, conscientes da nosa presenza e pertenza á comunidade diocesana no día a día do noso peregrinar cristián. Úrxenos seguir o ideal das primeiras comunidades cristiás, “onde os crentes tiñan un só corazón e unha soa alma (Hch 4,32). Damos grazas a deus e alegrámonos de vivir a nosa fe nesta diocese de Santiago de Compostela..

Sen a vosa colaboración pastoral e económica a familia diocesana non é o mesmo. Por iso agradezo a todos os diocesanos e ás persoas de boa vontade a xenerosidade tantas veces acreditada. Non quedemos mirando o que fixemos, fixar no que podemos seguir facendo. Co patrocinio do apóstolo Santiago o Maior a axuda do Señor non nos vai a faltar.

Co meu afectuoso saúdo e bendición no Señor.

+ Julián Barrio Barrio,
Arcebispo de Santiago de Compostela.

Versión en castelán