Carta pastoral de mons. Julián Barrio polo Día Mundial polo traballo decente

Este próximo domingo celébrase o Día Mundial polo traballo decente. Con motivo desta celebración o arcebispo de Santiago, Mons. Julián Barrio, publica unha carta pastoral na que anima aos crentes para participar nos actos litúrxicos. Na súa misiva mons. Barrio lembra que “todos debemos colaborar neste propósito”, aínda que recoñece que é á clase política á que lle corresponde “garantir a realización dos dereitos dos seus cidadáns”.

O arcebispo compostelán lembra tamén que a “Doutrina Social da Igrexa úrxenos a avivar a solidariedade cristiá e a subsidiaridad para ser conscientes de que non debemos tratar de solucionar o propio esquecendo as situacións precarias dos demais”.

Versión en castelán