Celebración da festa da Virxe de Fátima

O arcebispo, monseñor Julián Barrio, presidiu este luns, na Coruña, a solemne Eucaristía do día en que se venera á Virxe de Fátima. Como cada 13 de maio foron moitos os fieis que acompañaron a don Julián nesta celebración.

Na súa homilía, o arcebispo lembrou a actualidade da mensaxe da Virxe en Fátima chamando á conversión.  «Fagamos penitencia e recemos, fieis á mensaxe», dixo don Julián. Ademais, convidou a todos a confiar en María, lembrando que cando ela acolleu a Juan, tamén nos acolleu a todos como fillos. Este pasado domingo, monseñor Barrio predicara en Santiago a Novena celebrada na Capela de Ánimas. Onte, presidiu en Santiago o bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández, quen tamén participou na procesión por distintas rúas da zona vella compostelá.

Versión en castelán