Cea solidaria do Seminario Maior mañá venres día 22 de novembro

Mañá venres día 22 de novembro, como vén sendo habitual desde fai xa oito anos, o Seminario Maior de Santiago de Compostela organiza a súa tradicional cea solidaria, que dará comezo ás 21:00 horas nos comedores da hospedería de San Martín Pinario. Previamente celebrarase unha Eucaristía na Capela do Seminario Maior, que dará comezo ás 19:45 horas.

O Seminario Maior, urxido pola caridade cristiá, organiza esta cea como un acto de colaboración desinteresada con Cáritas Diocesana, na súa campaña en favor das persoas sen fogar.

O prezo de participación na cea é de 15 euros, que serán abonados o propio día da cea, o 22 de novembro, no acceso aos comedores. En caso de non poder asistir hai posibilidade de facer o mesmo donativo de 15 euros na seguinte fila 0:

Abanca É 90 – 2080 – 0316 – 29 – 3040018072

Versión en castelán