Centro de Orientación Familiar Diocesano

cofO Centro de Orientación Familiar Diocesano (COF) é un organismo da Arquidiocese de Santiago de Compostela. É un espazo que ofrece axuda profesional ás familias, parellas e persoas no ámbito das súas relacións: dificultades relativas á comunicación e á convivencia, á educación dos fillos, conflitos derivados da familia de orixe da parella, etc.

A finalidade é axudarvos a conseguir unha vida familiar equilibrada e unha convivencia máis humana. Traballamos desde o rigor profesional e o respecto a todas as persoas, propio dos valores cristiáns, con matrimonios que viven situacións de conflito, con parellas en proceso de ruptura, con mozas ou nenos que buscan unha mellor inserción na vida familiar e social

  • A nosa axuda préstase a través dun equipo de profesionais cunha atención personalizada
  • Está ao servizo de toda familia, parella ou persoa que necesite apoio, sen discriminación de ningún tipo. Traballamos desde o absoluto respecto á persoas
  • É un servizo gratuíto: sen ánimo de lucro
  • Garantimos a confidencialidade e o segredo profesional
  • O equipo está integrado por profesionais con formación específica en orientación familiar, mediación, psicoloxía, dereito e teoloxía con ampla experiencia no traballo con familias. O equipo conta ademais co apoio dun médico.

Se necesitas da nosa axuda chámanos ao   620880184

Consulta a nosa web     www.cofsantiago.es

Correo electrónico: cofsantiago@archicompostela.org

Enderezo en Santiago:
Avenida de Quiroga Palacios, 2
(entrada por Casa do Neno, en edificio Seminario Menor de Belvís)
Bus línea 13
Enderezoen Pontevedra:
Rúa San Román 26 (Pza. da Verdura)
Teléfono: 620 88 01 84
Enderezoen Cangas:
Avenida José Graña 18 (Aldán)
Enderezo en A Coruña
Rúa Fonseca 8 | A Coruña