Cerimonia da Translación do Apóstolo Santiago na Catedral

O día 30 de decembro, ás 11.30 h., o Excmo. Cabido recibe na porta de Acibechería o Excmo. Sr. Arcebispo e acompáñao, facendo unha breve parada ante o altar maior, onde o Excmo. Sr. Arcebispo axeonlla e ora brevemente; a continuación, pola nave de Praterías o cortexo encamíñase cara ao Claustro e a Sala Capitular para revestirse.

Igualmente, ás 11.30 h. sae do edificio do Concello a comitiva de Autoridades que acompañan ao Excmo. Delegado Rexio.

Unha Comisión Capitular recibe ao Excmo. Sr. Delegado Rexio e ás Autoridades que oe acompañan no Pórtico da Gloria e diríxense cara á Capela de Reliquias, onde agardan o inicio da Procesión.

Disponse a procesión no Claustro da Catedral, pola seguinte orde:

Pincerna.

Incensario e naveta.

Cruz e ciriais.

Chirimías.

Cantor.

Membros do Cabido con capa pluvial.

Diácono co Evanxeliario.

Sacerdotes concelebrantes.

Excmo. Sr. Bispo Auxiliar.

Emmo. Sr. Cardeal Arcebispo Emérito de Madrid.

Excmo. Sr. Arcebispo.

Ás 11.40 h. iníciase a procesión.

Cando o Excmo. Sr. Arcebispo chega á altura da Capela das Reliquias, saúda as autoridades que, acompañados pola Comisión Capitular, se incorporan entón ao Cortexo Litúrxico para a procesión polas naves da Catedral, seguindo aos portadores que levan a imaxe do Apóstolo Santiago.

A procesión discorre polo corredor dereito da nave central, o deambulatorio, ata chegar á nave de Acibechería. Alí, entrando polo corredor central, o cortexo detense mentres soan as chirimías e funciona o “Botafumeiro”.

Ao terminar, a procesión renóvase polo corredor esquerdo da nave central e encamíñase cara ao Pórtico da Gloria. Chegados alí, detense o cortexo e os portadores da Imaxe víranse cara ao Excmo. Sr. Arcebispo, para escoitar o “motete” en honor do Apóstolo Santiago, cantado polo coro desde o seu lugar nas tribunas.

Finalizado o motete, o Cóengo Cantor entoa o “Gloria Patri”, e soa o órgano, mentres a procesión se encamiña de novo, polo corredor central da nave, cara ao Altar Mor, para comezar a Misa Estacional.

Ao chegar á altura do transepto, os portadores da imaxe do Apóstolo sitúanse ao lado, mentres os compoñentes da procesión van pasando de dous en dous ante ela e fanlle reverencia, dirixíndose logo cara ao altar.

Fan a xenuflexión antes de subir as gradas do presbiterio, bican o altar e diríxense aos lugares que teñen reservados no presbiterio. As autoridades e o Excmo. Sr. Delegado Rexio, acompañados pola Comisión Capitular, ocupan os lugares preparados para eles.

Cando o Excmo. Sr. Arcebispo se sitúa na Sé, comeza a MISA ESTACIONAL NA FESTA DA TRANSLACIÓN DO APÓSTOLO SANTIAGO O MAIOR, conforme ao seguinte esquema:

Monición.

Saúdo do Excmo. Sr. Arcebispo.

Gloria (Coro).

Oración colecta.

Liturxia da Palabra

Monición.

Lecturas da festa do Apóstolo Santiago o Maior:

* 1ª lectura: Feit 4, 33; 5, 12. 27-33; 12, 2. O rei Herodes fixo pasar a coitelo a Santiago.

* Salmo responsorial (Cantor) Salmo 66. Oh Deus, que te loen os pobos, que todos os pobos te loen. (En galego).

* 2ª lectura: 2Co 4, 7-15. Levamos no corpo a morte de Xesús. (En galego).

* Aclamación: Aleluia gregoriano e Motete xacobeo.

* Evanxeo: Mt 20, 20-28. O meu cáliz beberédelo.

* Final do Aleluia.

Credo (Coro).

Despois do canto do Credo, o Excmo. Sr. Delegado Rexio, acompañado pola Comisión Capitular, desde o mesmo lugar en que está situado (trono con dosel), comeza a súa Invocación – Ofrenda, á que responde inmediatamente o Excmo. Sr. Arcebispo coa súa Resposta – Homilía. Todos se manteñen de pé durante a invocación do Oferente e sentados durante a Homilía do Arcebispo.

Liturxia Eucarística

Presentación das ofrendas (Órgano).

Incensación: logo de incensar ao Excmo. Sr. Arcebispo, o diácono incensa ao Excmo. Sr. Delegado Rexio, aos concelebrantes e ao pobo.

Prefacio da festa de Santiago e canto do “Sanctus”.

Pregaria Eucarística.

Rito da Comuñón

Noso Pai

A Paz: o diácono dá a bicar o Portapaz ao Excmo. Sr. Arcebispo e ao Excmo. Sr. Delegado Rexio.

Canto do “Agnus Dei”.

Comuñón (Cantos).

Oración logo da Comuñón.

Ritos finais.

Despedida e Bendición do Excmo. Sr. Arcebispo.

O diácono despide a asemblea coas palabras: “Podedes ir en paz”.

Órgano.

A continuación, os membros de protocolo inician a saída dos invitados, comezando polos últimos; ao chegar aos primeiros, o Pincerna abre o Cortexo Litúrxico, polo mesmo orde que na procesión de entrada, e o Excmo. Sr. Delegado Rexio e as autoridades en último lugar, detrás do Excmo. Sr. Arcebispo, acompañados pola Comisión Capitular.

Ao chegar ao Pórtico da Gloria, o Excmo. Sr. Arcebispo despide ao Excmo. Sr. Delegado Rexio e ás autoridades, e encamíñase á Sala Capitular, para finalizar a celebración. Mentres o Excmo. Sr. Delegado Rexio e as autoridades abandonan a Catedral e diríxense cara ao Palacio de Raxoi pola porta e as escaleiras da fachada do Obradoiro.

Unha vez deixados os ornamentos litúrxicos, unha Comisión do Excmo. Cabido acompaña o Excmo. Sr. Arcebispo ata a porta da Acibechería.

 

 

Versión en castelán