Cerimonia da Translación do Apóstolo Santiago. Igrexa de San Francisco, luns 30 de decembro de 2019

  • Debido ás obras de restauración no interior da Catedral, a celebración litúrxica trasládase á igrexa conventual de San Francisco, de Santiago de Compostela.

 11.45h. O Arcebispo de Santiago, Excmo. e Rvdmo. Sr. D. Julián Barrio, preside na igrexa conventual de San Francisco a Festividade da Translación do Santo Apóstolo Santiago. Durante a misa ten lugar a tradicional Ofrenda Nacional, por parte do Excmo. Sr. Delegado Rexio, D. Miguel Ángel Santalices Vieira, presidente do Parlamento de Galicia.

INDICACIÓNS

Todos os xornalistas deberán portar consigo a acreditación que expide o Concello de Santiago.

TELEVISIÓNS E RADIOS: A Televisión de Galicia e a Radio Galega retransmiten en directo a cerimonia. Como posuidora dos dereitos de retransmisión da cerimonia, a TVG formaliza e establece un sinal “pool” para aquelas canles de televisión que a necesiten. Na igrexa haberá un distribuidor de audio e vídeo para aqueles que o desexen. Todas as televisións teñen que achegar cables para a súa conexión. Os conectores que se precisan para a gravación son os seguintes: Vídeo, BNC; Audio, Canon. Ou un conector SDI.

FOTÓGRAFOS: acoutarase un espazo no interior da igrexa, xunto ao presbiterio.

REDACTORES: haberá un espazo reservado no interior da igrexa para os redactores que desexen asistir á celebración litúrxica.

Versión en castelán