Charla de monseñor Olave, bispo colombiano de Tumaco, nas sesións de Formación Permanente do Clero

Na mañá do pasado mércores 18 de abril, dentro da sesión diocesana de Formación Permanente para o clero, monseñor Orlando Olave Villanova, bispo de Tumaco, compartía cos sacerdotes asistentes algunhas reflexións pastorais sobre a realidade latinoamericana e, particularmente, colombiana.

Monseñor Olave foi nomeado bispo polo papa Francisco o 18 de marzo de 2017 e consagrado o 6 de maio do mesmo ano. É doutor en Teoloxía, coa especialidade en Pastoral Xuvenil e Animación, pola Pontificia Universidade Salesiana (Roma). Foi enviado á Diocese de Tumaco, de Colombia, unha nova diocese que conta con 18 anos de vida e unha poboación de 335.000 habitantes. Entre os principais retos sociais e pastorais desta diocese atópase a loita contra a violencia e o contrabando, así como a educación e a formación da mocidade.

Durante a sesión, monseñor Olave referiuse a algúns retos pastorais concretos da súa realidade, como o desenvolvemento e implantación dos procesos catequéticos que permitan unha catequese continua nas parroquias; o traballo de animación cultural e formación cristiá da mocidade, visto que o 30 por cento da poboación da diocese son novas. Falou tamén sobre a forza que a relixiosidade popular tivo na primeira evangelización daqueles pobos e tamén posúe na actualidade. ​

Versión en castelán