Peche temporal da Catedral de Santiago con motivo do remate das obras de restauración

A partir do próximo domingo, 15 de novembro (incluído), a Catedral de Santiago permanecerá pechada a visitas e actos de culto, de maneira temporal, co obxectivo de facilitar os traballos de remate das diferentes obras de restauración que se están desenvolvendo no seu interior. Esta medida está orientada a garantir a correcta retirada de medios auxiliares e estadas e o acondicionamento dos espazos para a súa reapertura, para os actos litúrxicos de inicio do próximo Ano Xubilar.

Convídanse os fieis a acudir ás celebracións eucarísticas do resto de igrexas da cidade (Horarios en http://catedraldesantiago.es/wp-content/uploads/2019/01/HorariosMisasSantiago2019.pdf ).

Na capela do Centro de Acollida ao Peregrino (rúa Carretas) celebraranse diariamente misas ás 10:30h (en inglés) e ás 12:00h (Misa do Peregrino).

Así mesmo, permanecerán pechados ata novo aviso tanto o Museo como o Arquivo da Catedral.

Pola súa banda, a Oficina do Peregrino seguirá aberta no seu actual horario (todos os días, de 10:30h a 18:30h).

 

Fonte: Catedral de Santiago

Versión en castelán