Comezaron as charlas de Formación Permanente do Clero

Este luns, día 20 de xaneiro, comezaron na Coruña as charlas da Formación Permanente do Clero, cunha intervención do responsable de Cáritas Diocesana de Santiago, José Anuncio Mouriño, quen falou aos sacerdotes que asistiron ao encontro no Fogar de Santa Margarida sobre o papel desta institución eclesial de atención aos máis necesitados.

O plan das charlas de Formación é o seguinte:

  1. Cáritas (correrá a cargo de Cáritas diocesana):

20 de xaneiro: A Coruña;

27 de xaneiro: Santiago;

4 de febreiro: Pontevedra.

 

  1. Xestión económica parroquial (correrá a cargo da Administración diocesana):

10 de febreiro: A Coruña;

17 de febreiro: Santiago;

24 de febreiro: Pontevedra.

 

  1. Conservación do patrimonio histórico-artístico (correrá a cargo de D. Germán Hermida Noval):

2 de marzo: A Coruña;

9 de marzo: Santiago;

16 de marzo: Pontevedra.

Versión en castelán