Comeza o curso de teoloxía para sacerdotes

Comezou o curso de teoloxía  para sacerdotes que un ano máis se imparte no Instituto Teolóxico Compostelán co obxectivo de ofrecerlle ao clero diocesano de Compostela un medio de formación permanente.

Esta formación permanente do clero é unha esixencia que nace e desenvólvese a partir da recepción do propio sacramento da Orde. Neste sentido, desde a Delegación para o clero lémbrase que todo presbítero ha de facer súa a exhortación de S. Pablo ao seu discípulo Timoteo: “Lémbroche que reavives o don de Deus que hai en ti” (2 Tim 1,6). A correspondencia ao don da vocación implica, pois,  para o sacerdote un compromiso serio de formación. Esta ha de abarcar as diversas dimensións da súa vida e ministerio: espiritual, humana, intelectual e pastoral.

Do mesmo xeito, na convocatoria do curso recóllese o Directorio para o ministerio e a vida dos presbíteros, que no seu nº 87 afirma: “As rápidas e difundidas transformacións e un tecido social frecuentemente secularizado son outros factores, típicos do mundo contemporáneo, que fan absolutamente ineludible o deber do presbítero de estar adecuadamente preparado, para non diluír a propia identidade e para responder as necesidades da nova evangelización. A este grave deber corresponde un preciso dereito de parte dos fieis, sobre os cales recaen positivamente os efectos da boa formación e da santidade dos sacerdotes”.

PROGRAMA DO CURSO  2018/2019

As clases terán lugar todos os mércores lectivos, desde o 3 de outubro de 2018 ao 29 de maio de 2018. Cada mércores haberá dúas sesións: de 10:20 a 11:30 e de 12:00 a 13:00. Ao final de curso de dará un diploma aos que asistisen regularmente ás clases.

CALENDARIO, MATERIAS E PROFESORADO:

3 de outubro:

A Eutanasia. Desafíos morais. D. Gonzalo Rodríguez César.

10  de outubro:

A Relixiosidade Popular como oportunidade pastoral. D. Francisco R. Durán Vila.

17 de outubro:

Liturxia e Catequese nos Santos Pais (1). D. José Andrés Fernández Farto.

24 de outubro:

NON HAI CLASE: XORNADAS SACERDOTAIS.

31 de outubro:

Liturxia e Catequese nos Santos Pais (2). D. José Andrés Fernández Farto.

7 de novembro:

O Sínodo dos Mozos (1). D. Javier García Rodríguez e Deleg. de Infancia e Mocidade.

14 de novembro:

O Sínodo dos Mozos (1). D. Javier García Rodríguez e Deleg. de Infancia e Mocidade.

21 de novembro:

Cuestións de Soteriología e de Escatología (1). D. Alfonso Novo-Cid Fontes.

28 de novembro:

Cuestións de Soteriología e de Escatología (2). D. Alfonso Novo-Cid Fontes.

5 de decembro:

Práctica parroquial e Lei de protección de datosD. Víctor Suárez Gondar.

12 de decembro:

1º hora: Cuestións prácticas sobre o Calendario Litúrxico (1). D. Elisardo Temperán Villaverde.

2ª hora: Música e Liturxia (1). Óscar Valado Domínguez.

19 de decembro:

1º hora: Cuestións prácticas sobre o Calendario Litúrxico (2). D. Elisardo Temperán Villaverde.

2ª hora: Música e Liturxia (2). Óscar Valado Domínguez.

[26 de decembro e 2 de xaneiro: NON HAI CLASE: VACACIÓNS DE NADAL.]

9 de xaneiro:

1º hora: Celebración de Exequias. D. Elisardo Temperán Villaverde.

2ª hora: Música e Liturxia (3). Óscar Valado Domínguez.

16 de xaneiro:

Cuestións de Ecumenismo (1). D. Francisco J. Buide do Real e Deleg. de Ecumenismo.

23 de xaneiro:

Cuestións de Ecumenismo (2). D. Francisco J. Buide do Real e Deleg. de Ecumenismo.

30 de xaneiro:

A oración e os seus métodos (1). D. Ricardo Vázquez Freire.

6 de febreiro:

Os equipos de animación litúrxica. D. Rafael Casás Salgado.

13 de febreiro:

A oración e os seus métodos (2). D. Ricardo Vázquez Freire.

20 de febreiro:

Orantes do Antigo Testamento (1). D. José Antonio Castro Lodeiro.

27 de febreiro:

Orantes do Antigo Testamento (2). D. José Antonio Castro Lodeiro.

[6 de marzo: NON HAI CLASE: MÉRCORES DE CINZA.]

13 de marzo:

Novo Testamento: A obra de Lucas (1). D. Ricardo Sanjurjo Otero.

20 de marzo:

Novo Testamento: A obra de Lucas (2). D. Ricardo Sanjurjo Otero.

27 de marzo:

Novo Testamento: A obra de Lucas (3). D. Ricardo Sanjurjo Otero.

3 de abril:

O novo Directorio de Iniciación cristiá (1). D. Miguel López Varela.

10 de abril:

O novo Directorio de Iniciación cristiá (2). D. Miguel da Mata Merayo.

[17 e 24 de abril: NON HAI CLASE: SEMANA SANTA – OITAVA DE PASCUA.]

[1 de maio: NON HAI CLASE: SAN JOSÉ OBREIRO.]

[8 de maio: NON HAI CLASE: EXERCICIOS ESPIRITUAIS – S. JUAN DE ÁVILA.]

15 de maio:

Figuras da Evangelización e Historia das Misións. D. Francisco Javier Buide do Real.

22 de maio:

Cuestións de actualidade teolóxica (1). D. Benito Méndez Fernández.

29 de maio:

Cuestións de actualidade teolóxica (2). D. Benito Méndez Fernández.

CLAUSURA E  ENTREGA DE DIPLOMAS.

Versión en castelán