Comeza o postcongreso de laicos

Aquí estamos algúns da nosa Arquidiocese presidido por D. Julián.

Coa clausura de hoxe comeza O POST-CONGRESO.

É importante que a dinámica de «camiñar xuntos» para constituírnos organicamente en Pobo de Deus, continúe.

Para iso será necesario que os sacerdotes informemos os laicos e os motivemos para que, xuntos, descubramos a nosa vocación de bautizados e a misión propia do laicado na sociedade.

Haberá que ser xenerosos e dedicar algo de tempo para orar máis, pensar no importante e reunirnos saíndo do minifundio. Sen estas premisas será difícil camiñar xuntos.

Convídoche a que recemos polos froitos do POST-CONGRESO e que informemos os que nos rodean que o Congreso non rematou. O BO EMPEZA AGORA.

Alfredo Losada, Francisco Durán e Javier Porro

Versión en castelán