Comeza a especialidade de Catequese na EDAP da Diocese de Santiago

As festas do Nadal han terminado. Comezan de novo os encontros formativos da EDAP, nas súas diferentes especialidades: liturxia, catequese, pastoral familiar, pastoral da saúde, voluntariado de Cáritas, medios de comunicación social e un curso complementario sobre a “pastoral da Santiadad”.

A Delegación Diocesana de Catequese será a encargada de levar a adiante a formación dos catequistas. Un grupo de 20 mozos voluntarios colaboran como animadores nas distintas sedes onde se impartirá a especialidade de catequese. A maioría deles, catequistas e profesores de relixión, fóronse preparando durante o ano pasado nunha nova modalidade de formación.

Esta formación supón unha renovación diocesana da formación de catequistas. Con ela preténdese capacitar aos catequistas para traballar como animadores e coordinadores da catequese, e como formadores e acompañantes dos catequistas, dentro das futuras Unidades Pastorais, as cales están previsto que se cren na Diocese durante os próximos anos, e así asegurar unha adecuada atención pastoral en todo o territorio diocesano.

Nove son as sedes nas que se está impartindo e impartirase esta formación en toda a diocese:

VIGAIRÍA DE PONTEVEDRA:

  • Pontevedra (día de inicio: 22 de decembro)
  • Vilagarcía (14 de xaneiro)
  • Caldas (7 de xaneiro)
  • Castrelo (19 de xaneiro);

VIGAIRÍA DE SANTIAGO

  • A Estrada (11 de xaneiro);
  • Padrón (12 de xaneiro)
  • Riveira (25 de xaneiro);

VIGAIRÍA DE CORUÑA

  • Pontedeume (12 de xaneiro)
  • A Coruña (en dúas quendas diferentes: 14 e 19 de xaneiro).

 

Fonte: Delegación de Catequese

Versión en castelán