Comezan os cursos formativos online 2020

Máis de 270 persoas matriculáronse nos 8 cursos online organizados pola Delegación de Medios da diocese de Santiago de Compostela, o Equipo de delegados de Catequese de Galicia e a Escola de Axentes de Pastoral da Parroquia de Carballo.

A plataforma cursos.archicompostela.info,  deseñada coa última tecnoloxía, atópase activa as 24 hs. do día, polo cal cada persoa pode acceder no momento que teña máis libre para dedicarse á formación e desde calquera parte do mundo, mesmo sen conexión a internet grazas á súa nova funcionalidade offline.

Son numerosos os lugares de orixe dos participantes. De Galicia: A Coruña, A Estrada, Ames, Arteixo, Arzúa, Boiro, Carballo, Cee, Foz, Lugo, Marín, Oleiros, Ribeira, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Zas, Vigo; do resto de España: Baeza, Córdoba, Jerez de la Frontera, Leganés, León, Madrid, Salamanca, Santa Cruz de Tenerife, Valladolid, Zamora, etc.; e doutros países como Arxentina, Colombia, Honduras, México, Porto Rico, Uruguai, etc.

Son cursos dirixidos aos distintos axentes de pastoral (animadores bíblicos, catequistas, relixiosas/os, e animadores litúrxicos), ao profesorado de Relixión, e en xeral aos laicos e laicas que estean interesados en iniciar e/ou afondar un proceso de formación na súa fe e misión pastoral.

Todos os cursos comezaron o 26 de febreiro e terminarán o 19 abril, Domingo da Misericordia.

Máis información en http://www.archicompostela.es/cursos-formativos-online-2020/.

Versión en castelán