Comunicado importante da Delegación de Catequese

Estimados párrocos e catequistas:

Por diversos motivos, este ano celebraremos só o «Día diocesano da catequese nas parroquias», previsto para o 22 de marzo. Non se terá, por tanto, a celebración do «Día diocesano do Catequista» coa Asemblea anual. En breves recibiredes os diversos materiais nas vosas parroquias para que poidades celebrar o «Día da catequese» xunto con toda a comunidade.

Esperamos que sexa un gran día para todos. Moitas grazas por todo o servizo que desenvolvedes e que Deus vos bendiga por todo o que facedes.

Versión en castelán