Coro Diocesano 2019 – Ordenacións

O vindeiro domingo 7 de xullo ás 18:00h. terá lugar no Seminario Maior, na igrexa de San Martiño Pinario, un dos acontecementos diocesanos máis importante do ano: as ordenacións.

Nesta ocasión os tres diáconos da nosa diocese serán ordenados sacerdotes; e, como noutras ocasións, convocamos a todas as persoas da diocese que queiran formar parte dunha interesante experiencia musical, formar parte do «Coro Diocesano» que se encargará de interpretar os retrousos dos cantos, as respostas e aclamacións para animar a toda a asemblea. Os requisitos son:

1. Ter ganas de cantar
2. Non desafinar moito
3. Cubrir o formulario de inscrición picando AQUÍ (só tardarás 1 minuto)

Teremos un só ensaio ese mesmo día 7 de xullo ás 16:30h. na igrexa de San Martín Pinario. Pero lembrade, é imprescindible inscribirse para ter sitio reservado.

Indicaremos o repertorio nos próximos días.

Fonte: liturxia.com

Versión en castelán