Cristina Cons, a moza da nosa Diocese que participou no pre-Sínodo co Papa, falará o luns en Madrid sobre esta experiencia

O director da Oficina de Información da Conferencia Episcopal Española (CEE), José Gabriel Beira, informou este venres aos xornalistas acreditados ante a Conferencia Episcopal Española (CEE) da celebración dun almorzo informativo con Cristina Cons Rodríguez e Javier Medina Sierra.

Trátase dos dous mozos españois que representaron á CEE no pre-Sínodo co papa Francisco e mozos de todo o mundo no Vaticano do 19 ao 24 de marzo.

O encontro terá lugar este luns 26 de marzo, ás 11.00 horas, na sede da CEE (C/Añastro, 1). Cristina Cons Rodríguez, moza da Arquidiocese de Santiago de Compostela, foi elixida pola Conferencia Episcopal Española, a través do seu departamento de Pastoral de Mocidade, como unha dos dous mozos españois que participarían co papa Francisco no pre-Sínodo. Cristina Cons Rodríguez e Javier Medina Sierra, o outro mozo elixido, foron os encargados de representar aos mozos católicos españois nese encontro presinodal. O papa Francisco convocou a mozos católicos, de diferentes confesións cristiás, doutras relixións e mozos non crentes de todo o mundo para participar nunha reunión de preparación á XV Asemblea Xeral ordinaria do Sínodo dos Bispos 2018. A este encontro que se celebrou no Vaticano, do 19 ao 24 de marzo, están convidados ao redor de 300 participantes.

Cristina Cons Rodríguez, de 23 anos de idade, pertence á Arquidiocese de Santiago de Compostela. É membro electo do Consello Diocesano de Pastoral Xuvenil pola Vigairía de Santiago e membro electo da Coordinadora Diocesana de Pastoral Xuvenil, así como catequista post-comuñón na parroquia de San Fernando de Santiago.

Destaca a súa participación no Proxecto “Evanxelizaño” durante este curso 2017-18, que o forman mozos da Diocese, dedicado un ano enteiro á evangelización aos mozos. Forma parte do equipo que dirixe “Alpha Universitarios” en Santiago de Compostela e é membro do Facho diocesano que dirixe o proxecto “Sentinelas da Mañá de Primeiro Anuncio”.

Tamén desenvolve tarefas como monitora de Educación afectivo sexual con adolescentes e pais en distintos colexios e parroquias. En canto á súa formación académica é Grao en Pedagoxía e Máster universitario en Profesorado de Educación Secundaria coa especialidade de Orientación Educativa.

Versión en castelán