Crónica dun aniversario

Coa presenza do Sr. Arcebispo, tivemos os 50 anos da creación desta parroquia de S. Cayetano.

Houbo unha misa en que actuaron, entre outros,  o profesor D. José Antonio de Santiago cunha monición inicial sobre  a acción de grazas por estes 50 anos, a importancia da  presenza do Sr. Arcebispo e o día do Domund. Aproveitou para  dicir que tamén a parroquia ha de ser misioneira.

Patricia , colaboradora da parroquia,  estaba coa súa guitarra e puxo no seu canto sabedoría e alma.

Os fregueses estaban dispersos por toda a igrexa coa distancia regulamentaria e todos con aires de festa a pesar da pandemia e as máscaras.

Unha das freguesas mandou unha mensaxe en que dicía:” Parabén Don Víctor, non sabe como me emocionei hoxe na Misa. Foi precioso. Espero que lle gustase o agasallo que lle fixemos. Un abrazo”.

Á porta estaba José Garrido, un voluntario, que tiña montada unha mesa cos libros das historias destes 50 anos e os seus protagonistas. Creo que farán  moito ben.

O Sr. Arcebispo dixo: dou as grazas a D. Víctor polo esforzo  destes 50 anos guiando a esta comunidade, pediríavos que con el continuedes facendo comunidade viva e para iso debemos apoiarnos uns a outros. Oxalá que D. Víctor siga contando co voso apoio e eu sei que todos podedes contar co seu.

Despois da comuñón o párroco, D. Víctor, dixo que estaba moi agradecido pola presenza do noso   Sr. Arcebispo e por eses 50 anos en que puido ver “milagres”. Que pedía á Ss. Virxe que seguisen os milagres para atraer aos afastados ou abandonados.

Logo tomou a palabra D. Guillermo Cedeira,  e fixo unha reflexión en que dicía que queremos dar grazas a deus por todo o camiño que fixemos acompañados de D. Víctor e darlle grazas a el porque soubo estar ao noso lado nos momentos tristes e alegres… que esta placa sexa un pobre sinal do agradecemento de toda a comunidade polo seu quefacer á fronte da mesma.

Despois da bendición veu a sesión de fotos de todos os que estabamos no  presbiterio (Ricardo Taboada, Pedrito Sánchez, Guillermo Cedeira , Manuel Jesús e Víctor Sánchez, co Sr Arcebispo).

Logo por iniciativa de Mons. Julián Barrio, viñeron os nenos que  tamén saíron na foto.

Na porta da igrexa,  houbo tamén sesión de fotos .

Fonte: parroquiadesancayetano.blogspot.com

Versión en castelán