Curso de profesores de relixión

Seguindo co programa de formación do profesorado establecido pola Delegación de Ensino, este pasado fin de semana desenvolveuse un novo curso destinado aos docentes de relixión católica. Asistiron un total de 210 profesores de toda a Diocese de Santiago e algúns da de Tui-Vigo.

O tema tratado nesta ocasión foi o da “ideoloxía de xénero. Un reto educativo”. A exposición foi desenvolvida por María Vale, profesora da Universidade Francisco de Vitoria e membro do Centro de Estudos da Familia desta mesma institución académica.

Nas sesións constatouse a gran importancia deste tema na actualidade e os grandes desafíos que expón no campo educativo. Estudáronse as diversas normativas sobre este tema presentes na Constitución Española e as distintas leis, tanto a nivel estatal como autonómico.

Así mesmo, analizáronse as diferentes concepcións antropolóxicas que subxacen nestas normativas e a complexidade de compaxinar os dereitos recolleitos na Constitución e os sinalados despois nalgunhas leis.

Estudáronse as distintas situacións que se presentan na aula e o modo de proceder, desde o campo educativo, ante esas realidades que, sen dúbida, afectan de forma importante no desenvolvemento persoal e sicológico das persoas.

Como conclusión, e respecto do labor que desenvolven os profesores de relixión, acordouse coñecer ben a lexislación para saber aplicar correctamente os procedementos estipulados; acompañar coa presenza e a proximidade a aqueles alumnos/as que se atopen nalgunha desas situacións e achegar de forma clara e positiva a concepción cristiá da persoa segundo o proxecto de Deus.

O curso foi moi valorado pola doutrina exposta e as experiencias vividas para a tarefa educativa.

Versión en castelán