D. Julián lembra que o Espírito «nos dá a forza para vencer os medos» e para ser «audaces mensaxeiros da Boa Noticia»

Tras presidir o sábado a Eucaristía no Seminario Menor na que un grupo novos recibiu a Confirmación e celebrar a Vixilia de Pentecostés, o arcebispo presidiu este domingo a Misa da Solemnidade de Pentecostés na Igrexa de San Francisco. «Como entón en Xerusalén», dixo na súa homilía D. Julián, tamén as nosas rúas de Compostela están transitadas por persoas de distintas nacións, diversas culturas e diferentes linguas», en alusión ao relato de Pentecostés dos Feitos dos Apostóles.

«Deixarnos guiar polo Espírito Santo, di San Pablo, conleva renunciar a unha vida de costas a Deus que destrúe a dignidade do home», asegurou o arcebispo.

O Espírito Santo, precisou monseñor Barrio, «dános a forza para vencer os medos paralizantes e facernos audaces mensaxeiros da Boa Noticia».

D. Julián animou aos laicos  para «revitalizar a fe e a vivila coherentemente na vida persoal e na contorna familiar, profesional e cívico».

Versión en castelán