“Debemos colaborar pastoral e economicamente coas misións”

O arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, acaba de publicar unha carta pastoral con motivo da celebración do DOMUND o vindeiro domingo 21 de outubro. No seu texto lémbranos a obrigación que temos os católicos de orar polos misioneiros e colaborar con eles apoiando os seus proxectos coas nosas achegas. Unha xenerosidade que se volve imprescindible ante os datos que nos achega a campaña deste ano, na que se nos pide que a distancia non nos faga esquecer aos centos de millóns de irmáns que carecen en grao sumo básico.

Desde o lema, “Cambiar o mundo”, a campaña quere transmitir a fe en que é posible construír un planeta máis xusto e máis fraterno. Neste sentido escribe mons. Barrio que “todos estamos convencidos de que hai moitas realidades que poden cambiar para mellor aínda que ás veces teñamos a impresión de que non merece a pena facer nada xa que as cousas van seguir igual. Sería unha equivocación que soa a non complicarnos a vida. Esa actitude faría que nos mostrásemos indiferentes á hora de ofrecer a nosa colaboración para que a nosa sociedade poida ser mellor, que sen dúbida pode selo”.

Mons. Barrio lémbranos que os puntos cardinales orientadores para a misión han de ser “o encontro persoal con Cristo”, o testemuño cristián, o desprendemento e a comuñón eclesial.

Versión en castelán