Almorzo informativo para presentar a Campaña do Domund que este ano terá como sede Galicia

Os medios de comunicación galegos están convidados a un almorzo informativo que terá lugar na sala Itinere do Seminario Maior no mosteiro de San Martiño Pinario, o próximo día 27 de setembro, mércores, a partir das 11:00 horas para presentar a campaña do Domund 2017. Estará presente o director nacional de Obras Misionales Pontificias, Anastasio Gil, así como o delegado diocesano de Misións, David Álvarez. Nel informarase sobre o programa de actividades a desenvolver en Galicia e darase a coñecer o nome da persoa encargada de pronunciar o pregón. Tamén estará presente un misioneiro xesuíta de Santiago de Compostela, de cen anos de idade, o padre Andrés Díaz de Rábago, con 40 anos de misión en China e encarcerado nese país.

 

Versión en castelán