Deus é familia

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidiu hoxe domingo, Festa da Sagrada Familia, na catedral compostelá, a Eucaristía do Xubileu das Familias no Ano da Misericordia. Era a primeira celebración xubilar das previstas na nosa Archidiocese.

Na súa homilía, monseñor Barrio agradeceu a presenza das familias nesta cerimonia litúrxica e comentou as lecturas da Escritura nesta xornada. Pidiu a todas as familias que cultivasen na súa vida cotiá as virtudes da Sagrada Familia e que todas as súa relacións estivesen cheas de misericordia. “Deus é familia”, díxolles.

 

Versión en castelán