Don Julián asiste a un encontro na Universidade Pontificia de Salamanca

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, asistiu hoxe en Salamanca a un encontro co decano da Facultade de Teoloxía, Francisco García Martínez, centro universitario do que dependen academicamente as institucións docentes diocesanas, como o Instituto Teolóxico Compostelán (ITC) e o Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas (ISCCR). No encontro participaron tamén o resto de bispos cuxos centros dependen igualmente da Universidade Pontificia de Salamanca (UPSA). Na reunión estivo presente, ademais, a reitora da UPSA, Miriam Cortés Diéguez.

Versión en castelán