Don Julián visita mañá o centro penal de Teixeiro

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, visitará mañá o centro penal de Teixeiro, unha visita que vén sendo habitual na axenda pastoral do arcebispo. Estará acompañado polo director do centro penal, polo director de Cáritas Diocesana, José Anuncio Mouriño, o delegado episcopal de Cáritas, Jesús García Vázquez, así como polo responsable do Secretario de Pastoral Penitenciara, Juan González-Redondo.

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, como institución social da Igrexa que pretende dar resposta aos grupos máis desfavorecidos da nosa sociedade, traballa e é consciente da realidade que supón a poboación recluída. A Pastoral Penal católica traballa pola liberación integral da persoa que é sempre moito máis que o seu comportamento. Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, en colaboración con Pastoral Penal, dispón dun programa de actuación dirixido aos internos do cárcere de Teixeiro, desenvolvendo semanalmente actuacións destinadas aos reclusos que queiran sumarse aos distintos obradoiros de traballo.

Foto de arquivo

Versión en castelán