Dous novos sacerdotes e tres diáconos para a Diocese de Santiago de Compostela

O arcebispo de Santiago presidiu hoxe na Catedral a Eucaristía na que foron ordenados sacerdotes Sidónio José Alves De Sousa e Francisco Lampón Curra. Na mesma cerimonia tamén recibiron o Diaconado Eduardo Amado Brea, Santiago Telmo Dopazo e Damián Vidal Bouzas. Monseñor Barrio lembrou que o ministerio sacerdotal é “un Don, acollido con temor e humildade” e animou os ordenandos a xogarse “a vida polo Señor e polos irmáns, investindo tempo en escoitar para sandar as feridas dos demais, ofrecendo a todos a tenrura do Pai”. Convidou a todos os fieis a estar “próximos aos vosos sacerdotes coa oración e co apoio”.

Versión en castelán