EDAP en Caldas

O pasado luns día 4 de marzo, celebrábase unha nova sesión da Escola de Axentes de Pastoral de Caldas, á que asistiu o bispo auxiliar de Santiago, D. Jesús Fernández González.

A EDAP da localidade caldense, é unha das sedes que neste segundo ano de andaina ten a especialidade de Catequese.

Lembremos que unha das urxencias detectadas polo Sínodo, e que fora recollida por numerosos grupos sinodales antes da súa celebración, foi a necesidade de propoñer unha formación axeitada aos tempos de hoxe para os axentes de pastoral, que lles permitise afondar na súa fe e descubrir ou fortalecer a súa vocación cristiá, nos diferentes ministerios e carismas, que máis adiante permitise exercer a misión que compartimos todos os bautizados: anunciar a Cristo. E, sobre todo, tendo presente, a creación das denominadas UPAS. Unha realidade necesaria para a renovación pastoral da nosa Diocese.

Nesta sesión da EDAP, houbo, como de costume, unha primeira parte na que, guiados por D. Santiago González, sacerdote do Arciprestado, tívose un momento de lectio divina.

A continuación, na parte dedicada á especialidade de catequese, abordaron o tema “A Fe feita oración”. Orar é abrirse a esa presenza do Deus transcendente e encarnado, que sae ao noso encontro e nos introduce na súa intimidade.

Por último. D. Francisco Buide, Delegado de Ecumenismo, veu falar das relacións da Igrexa católica con outros cristiáns. Partiu dunha presentación moi breve e sintética do que é o Ecumenismo, pasando pola súa historia e a súa tradición. Ao final, falounos do moito que podemos facer en común cos outros cristiáns.

Versión en castelán