O Arcebispado arrendará a Casa de Exercicios Espirituais de Pontedeume para albergue de peregrinos

  • Asinado hoxe o contrato de arrendamento coa firma “Camiñamos Contigo, S.L.”

O arcebispado de Santiago de Compostela arrendará a Casa de Exercicios Espirituais de Pontedeume á firma “Camiñamos Contigo, S.L.” para dedicar as súas instalacións e leira a albergue de peregrinos e desenvolvemento de actividades inherentes ao Camiño de Santiago. Así se desprende do contrato de arrendamento subscrito hoxe na sede do Arcebispado compostelán polo Ecónomo diocesano, Fernando Barros Fornos, e polo representante da citada empresa, Mario Torres Becerro.

De conformidade co texto subscrito, as partes acordan fixar como data de finalización das necesarias obras de acondicionamento dos inmobles, así como a posta en funcionamento do citado albergue, o día 1 de abril de 2020. O custo das obras correrá a cargo do arrendatario, quen tamén se compromete a facilitar ao Arcebispado a dispoñibilidade e uso do número de habitacións e servizos precisos a fin de que poidan aloxarse os membros da Igrexa para a celebración de retiros, exercicios espirituais ou outras actividades pastorais.

A duración do convenio asinado hoxe é de vinte e cinco anos.

Versión en castelán