O Arcebispado de Santiago cede unha casa reitoral aos “Anxiños”

  • A Casa Reitoral de Santo Tomei de Ames acollerá a menores con enfermidades mentais.

O pasado 22 de xuño, o Arcebispado de Santiago e a Asociación “Anxiños” asinaron a cesión da Casa Reitoral de Santo Tomei de Ames para impulsar a integración social de nenos adolescentes con trastornos de saúde mental.

Unha vez realizadas as obras de acondicionamento necesarias, a Casa Reitoral destinarase ao aloxamento destes menores e como lugar de apoio ás súas familias.

A firma realizouse no Palacio Arzobispal, coa presenza de Rvdo. D. Victor Maroño Pena, Vigairo Xeral do Arcebispado e de Dª. Ruth Gómez Vázquez, Presidenta da Asociación Anxiños.

A Asociación Anxiños é unha entidade sen ánimo de lucro dedicada a promover a integración psicosocial dos nenos e adolescentes con trastornos de saúde mental. A iniciativa social da asociación baséase na área estratéxica de actuación de menores, dentro do ámbito xeográfico autonómico e dada de alta como Entidade Prestadora de Servizos Sociais da Consellería de Política Social.

 

Versión en castelán