O arcebispo bendí o belén da catedral

O Arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, bendixo o belén instalado no brazo sur do transepto (nave de Praterías) da Catedral de Santiago. Un belén realizado en estilo napolitano que conta con ao redor de cincocentas figuras realizadas de maneira artesanal e moitas delas con automatismos que permiten ter figuras en movemento. Nos 50 metros cadrados que ocupa recóllense, ademais do nacemento de Jesús, as escenas da Anunciación aos pastores e o cortexo dos Reis Meigos. Tamén se representan escenas de vida cotiá e oficios tradicionais. É propiedade da Catedral de Santiago, grazas á colaboración de Turismo de Galicia. Pode visitarse durante o horario de apertura da Catedral: todos os días, de 7h. a 20:30 h.

Versión en castelán