O arcebispo bendí as instalacións de Arnela de Porto do Son

  • Xornada de convivencia para conmemorar 50 anos dos campamentos de verán para nenos e mozos promovida por Cáritas Diocesana

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, bendixo as instalacións remocicadas do campamento de verán Arnela (Porto do Son) de Cáritas Diocesana de Santiago/ Interparroquial de Santiago. Os actos programados tiveron unha xornada de convivencia e de portas abertas,así como unha reunión plenaria do Consello de Cáritas.Participaron no encontro a tenente de alcalde do municipio, María Maneiro, os concelleiros Magdalena Pérez e Juan Pouso, a directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cristina Pichel, o delegado arzobispal, Jesús García Vázquez , o director de Cáritas Diocesana, José Anuncio Mouriño,e o consiliario Benjamín Roo , entre outros.

Educar e formar

O director de Cáritas Interparroquial de Santiago, Luís Calviño Pueyo, asegurou que as colonias de verán puxéronse en marcha por varios motivos “que non fóra só un espazo de esparexemento, senón un lugar educativo e formativo”, á vez que durante quince días- dixo -moitos nenos tivesen unha boa alimentación. Mostrou o seu agradecemento a tantas persoas “para que isto sexa a realidade que temos agora e puidese perdurar no tempo”.

Insistiu que a remodelación foi posible grazas a unha herdanza importante e as achegas económicas de moitas persoas coas que se sufragaron os gastos. Terminou agradecemento o traballo “altruísta e desinteresado” dos monitores para que Arnela sexa unha realidade e a segunda casa para tantos nenos todos os veráns

Pola súa banda Joés Anuncio Mouriño Raño, director diocesano, felicitou ao arcebispo polo seu nomeamento de Gallego “do Ano”, del Correo Gallego, á vez que agradeceu os apoios recibidos para conseguir mellorar as instalacións que levan “albergando a tantos nenos e mozos todos os veráns desde hai medio século”.

Lugar de encontro

Na súa intervención monseñor Julián Barrio, arcebispo de Santiago agradeceu a tantas persoas e institucións para que “isto sexa unha auténtica realidade e que se poida contar con estas dependencias”. Lembrou a gran visión que no seu día tivo o cardeal Quiroga Palacios para que as instalacións estivais puxésense en marcha. Un lugar, sinalo, de referencia para a formación e a realización dos máis novos da diocese .

Xornada de convivencia

Os asistentes puideron gozar, en todas as instalacións do centro estival, dunha exposición de fotografías que recolle a historia deste medio século de funcionamento con grupos de nenos e mozos que pasaron polas súas instalacións, así como un gran panel no que os asistentes estivais deixaron o seu testemuño en base a un lema xeral: “Que é Arnela para ti”, e unha colección de carteis anunciadores dos encontros estivais.

O director do centro Emilio José Fernández, ofreceu unha exposición sobre o traballo que leva a cabo en Arnela- “que recibe o nome do pobo onde está situado o campamento”-os monitores na que constatou que son fundamentais para que os asistentes reciban formación e educación en valores “ aquí os mozos maduran  e atópanse como na súa propia casa”.

Nesta xornada de convivencia déronse cita monitores actuais con antigos e exalumnos que participaron nos campamentos. Sinalar tamén a presenza de Fructuoso Lareu Pardal, que con preto de 91 anos leva toda a súa vida como voluntario en Cáritas de Padrón. O encontro finalizou cun xantar de confraternidade.

Os nenos, protagonistas

En Arnela desenvolvéronse unha serie de estancias destinadas aos nenos nados entre o 2002 e 2011, organizadas por Caritas Diocesana de Santiago/ Interparroquial de Santiago, por medio do programa Cativos. A iniciativa puxo en marcha unha serie de actuacións levadas a cabo pensando no tempo do verán e as vacacións dos nenos.

O Campamento Arnela é un proxecto educativo que se continua ao longo da infancia e adolescencia dos participantes (de 8 a 17 anos) que ten como finalidade a aprendizaxe das vantaxes dun lecer significativo, coa prevención de condutas nocivas, a educación en valores e habilidades sociais e de conduta.

Con eles búscase potenciar a convivencia entre os nenos durante esas épocas nas que teñen que gozar dun tempo de vacacións preto do mar.

O Campamento Arnela conta cunhas instalacións que foron remocicadas nos últimos anos para dar maior cabida e, sobre todo, para que os nenos dispoñan dunhas dependencias acordes cos tempos que corren.

Versión en castelán