O arcebispo, cos militares da Forza Loxística Operativa que realizaron o Camiño Inglés por substitucións

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, recibiu este martes os membros da Forza Loxística Operativa (FLO) que, encabezados polo seu xeneral xefe, Francisco Javier Sánchez Fernández, participaron na II Carreira-Peregrinación do seu Cuartel Xeral, que arrincou desde A Coruña. Os militares percorreron por substitucións o Camiño Inglés desde a cidade herculina ata a praza do Obradoiro da capital galega.

Os membros da FLO foron recibidos polo arcebispo no Palacio Arcebispal e estiveron acompañados polo doutor José Carro Otero, presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e recoñecido historiador, quen ofreceu aos militares explicacións sobre o emblemático edificio compostelán do Hostal dos Reis Católicos.

A saída da II Carreira-Peregrinación tivera lugar ante a fachada do Palacio de Capitanía, na Coruña, onde o xeneral Sánchez, xefe da Forza Loxística Operativa (FLO), entregou o testemuño, co que se materializaron as substitucións, ao tenente coronel Pedro Jesús Catalán Librada, integrante do primeiro grupo de substitución. A carreira, non competitiva e de aproximadamente 75 quilómetros, organizouse en 8 tramos, participando un total de 40 efectivos do Cuartel Xeral.

Tras varias fotografas fronte ao Parador e na escalinata de Raxoi, coa Catedral como pano de fondo, a comitiva desprazouse ata a Casa do Concello, onde foron recibidos polo alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, e outros membros da Corporación municipal no Salón Nobre do pazo de Raxoi.

Versión en castelán