O arcebispo convida a facer un “xesto sinxelo” desde xanelas e balcóns o vindeiro domingo de Ramos

  • Un recortable, o debuxo dun neno, unha rama de oliveira, explicou monseñor Barrio, como aplauso a Xesús

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, convidou hoxe domingo, ao final da Santa Misa retransmitida pola Televisión de Galicia (TVG), a facer un xesto desde balcóns e xanelas dos fogares o vindeiro domingo de Ramos. “Segundo as vosas posibilidades e creatividade”, dixo o arcebispo, pero indicando que será como “un aplauso e signo de agarimo” ao Señor Xesús.

Monseñor Barrio lembrou que estamos nunha circunstancia especial e que, se outros anos os fieis enchían os templos e as rúas coas súas palmas e as súas ramas de oliveira, este próximo Domingo de Ramos pódese facer desde as xanelas e balcóns un “xesto sinxelo” para manifestar que Xesús segue percorrendo as nosas rúas como nas tradicionais procesións deste día que dá inicio á Semana Santa. “Un recortable, ou debuxo dun neno, unha rama de oliveira”, explicou o arcebispo compostelán.

Versión en castelán