O arcebispo convida os diocesanos a implicarse no Plan Pastoral, sabendo que “non podemos seguir tendo a mesma dinámica que ata o de agora viñamos desenvolvendo”

  • Programa pastoral para o curso 2020/21

Acaba de ver a luz o Programa Pastoral Diocesano 2020-21, un ano ben significativo por ser Ano Santo Xacobeo. Co lema desta cita, “Sae da túa terra. O Apóstolo Santiago espérate”, que é o título da Carta Pastoral do arcebispo, o texto propón como obxectivo xeral renovar a pastoral diocesana en actitudes e medios, para responder, en comuñón e co patrocinio do Apóstolo Santiago, ás necesidades materiais, espirituais e pastoral das nosas parroquias”.

Na súa presentación do Plan Pastoral Diocesano, monseñor Barrio indica que “o meu desexo é acompañarvos espiritual e pastoralmente, sabendo que non podemos seguir tendo a mesma dinámica que ata o de agora viñamos desenvolvendo”. O arcebispo lembra as actitudes que, ao seu xuízo, habemos de ter nesta situación: que non se turbe o noso corazón, “crede en Deus e crede tamén en min”; ver cos ollos de Deus; fortalecer as raíces; crer para percibir na escuridade da dor a luz de Cristo Resucitado; amar, porque a fe cristiá fala coas mans; e esperar, plantar sementes do Reino para unha mellor humanidade, construíndo a cultura do coidado común.

O arcebispo pide “a todos os diocesanos asumir o compromiso do Plan Pastoral Diocesano tanto nos proxectos diocesanos como nos parroquiais”.

O plan expón como obxectivos específicos, propostas operativas e accións:

– responder á nova situación da pandemia

– apoiar a iniciación cristiá e a maduración na fe

– fortalecer a comunidade celebrante e orante

– coidar os pobres e os enfermos

– impulsar os proxectos de acción común nas Unidades Pastorais

– aproveitar espiritual e pastoralmente o Ano Santo Compostelán 2021

Versión en castelán