O arcebispo convida a rezar ao Apóstolo con esta oración polo fin da pandemia

Santo Apóstolo Santiago,

a quen Cristo, “Camiño, Verdade e Vida”,

mostrou a súa predilección.

Ti presenciaches xunto a Pedro e Juan

os grandes acontecementos da súa vida,

e fuches testemuña da curación de tantos enfermos, que El realizou.

En ti atopou a dispoñibilidade para “beber o seu cáliz”,

sendo ti o protomártir dos Apóstolos.

Como Patrón de España pedimos o teu auxilio

para os afectados polo coronavirus,

fortaleza e sabedoría para o persoal sanitario,

luz e acerto para quen toma as decisións

e proximidade xenerosa para os que

están a ofrecer a súa colaboración.

Poñemos toda esta situación baixo a man maternal

da nosa Señora da Saúde.

E ti, como amigo do Señor, acompaña os falecidos

ata o Pórtico da Gloria

e intercede por eles ante El

para que nos vexamos liberados desta pandemia.

Amén

Versión en castelán