O arcebispo mantivo un encontro de Nadal con sacerdotes

O venres 27 de decembro tivo lugar, con motivo das festas de Nadal, un encontro de sacerdotes ordenados polo arcebispo, mons. Julián Barrio. Participaron uns 25 sacerdotes. A convivencia iniciouse cunha visita guiada ao Hostal dos Reis Católicos. A continuación houbo un café no Seminario Maior e un ameno faladoiro co arcebispo de Santiago. O encontro finalizou cun xantar de confraternización.

Versión en castelán