O arcebispo pide aos fieis estar preto dos seus sacerdotes coa oración e o afecto, especialmente nas dificultades

  • O arcebispo presidiu a festa de San Juan de Ávila, na que se homenaxeou aos curas que cumprían as súas vodas de platino, diamante, ouro e prata

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidiu hoxe na Igrexa de San Martín Pinario a solemne Eucaristía coa que o clero diocesano festexaba ao seu patrón. San Juan de Ávila, lembrou na súa homilía o arcebispo, “dicía que habemos de pisar por onde Cristo pisou, porque non se evangeliza con estratexias, métodos, accións, senón que os que evangelizan son persoas que adoptan un determinado estilo de vida que é a que verdadeiramente evangeliza”. Numerosos sacerdotes concelebraron a Eucaristía co arcebispo, a quen acompañaba tamén o seu bispo auxiliar, monseñor Jesús Fernández. Tamén estaba presente monseñor Juan Antonio Aznárez Cobo, bispo auxiliar de Pamplona e Tudela, quen previamente impartira unha conferencia na aula Magna do Instituto Teolóxico Compostelán (ITC). Monseñor Barrio pediu a todos os fieis: “sabede agradecer a Deus, e sobre todo sede próximos aos vosos sacerdotes coa oración e co afecto, especialmente nas dificultades, para que sexan cada vez máis Pastores segundo ou corazón de Deus”.

“San Juan de Ávila”, comentou monseñor Barrio, “foi un namorado de Xesucristo, deixándose amar por El. Evangelizar non é outra cousa senón contaxiar esa relación de amor. Pero foi tamén un namorado da xente, reflectindo o amor de Deus para con todos” O arcebispo indicou tamén que “a súa vida e o seu tempo é para os demais. Interésase pola vida espiritual porque sabe que sen Deus non somos nada. Dicía del Fr. Luís de Granada, “non era seu, senón daqueles que o habían mester”. Se desvivió expropiándose de si mesmo. Viviu o que predicaba”.

O arcebispo compostelán afirmou que a vida de San Juan de Ávila estivo chea de coherencia: “As súas palabras ían acompañadas coas obras, sendo admirable a súa coherencia de vida. A pobreza e o achegamento aos pobres con austero estilo de vida son necesarios para unha efectividade evanxelizadora. Non concibe a misión senón en fraternidade con outros sacerdotes e laicos, creando comuñón na súa contorna. Sorpréndenos a cantidade e diversidade de vocacións laicales, consagradas e sacerdotais que promove. Foi un auténtico Mestre de santos, definindo a formación permanente como un deixarse formar por Deus a través dos acontecementos da vida, sobre todo polo exercicio do  ministerio, buscando sempre a vontade de Deus cunha dispoñibilidade plena para cumprila”.

Versión en castelán