O arcebispo pide aos seminaristas instituidos lectores e acólitos compromiso para proclamar a Palabra de Deus e servir ao altar

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidiu este xoves a Eucaristía na que varios seminaristas diocesanos recibiron os ministerios de lector e acólito. “Na crise do humano e no misterioso letargo espiritual habemos de comunicar que a experiencia da fe cristiá fai a vida máis humana e máis digna de ser vivida”, dixo o arcebispo na súa homilía. Monseñor Barrio expresou a súa “felicitación cordial a vós, á vosa familia, aos vosos formadores e profesores, a quen vos acompañe no proceso da vosa vocación”. A Eucaristía tivo lugar na Capela do Seminario Maior. Concelebraron na Eucaristía o reitor do Seminario, Carlos Álvarez, os formadores do centro e numerosos sacerdotes.

l arcebispo dixo aos seminaristas que recibían os ministerios que “a celebración da Pascua motiva a superar a ilusión dunha fe superficial, a recuperar a alegría de ser cristián e a non conformarnos cun catolicismo meramente formal. Non podemos ser cristiáns a contrato temporal. Calquera momento é misión”. Recibiron o ministerio de lector os seminaristas Callistus Chidiebere Nwoye, José Antonio Conde Silvoso, Fernando Ramos Guerra e Juan Sanjurjo Arias; foron instituidos acólitos, Carlos Camiño Lema e Javier Carballo Mouzo.

Versión en castelán